sábado, 27 de abril de 2024

1º Jornada de Maquinaria Agrícola - Maquina en Circulacion

Organizadas polo Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Pedro Murias da Xunta de Galicia, en colaboración con Cooperativas Lácteas Unidas S.C.G. (CLUN) e nas que participarán destacados profesionais do sector e especialistas das casas comerciais como Jonh Deer, Deutz, New Holland e Fendt, así como representantes das Inspección Técnica de Vehículos (ITV), do Subsector de Tráfico da Guardía Civil de Lugo e do Rexistro de Maquinaria Agrícola (ROMA).

As xornadas inclúense no PLAN DE TRANSFERENCIA PARA O APOIO ÁS ACTIVIDADES DE DEMOSTRACIÓN E DE INFORMACIÓN AO AGRO GALEGO 2017 organizadas pola Xunta DE GALICIA, e estrutúranse en catro bloques, o cuarto dos cales é:

4. MAQUINARIA EN CIRCULACIÓN: REQUISITOS ADMINISTRATIVOS E HOMOLOGACIÓN: Neste caso trataranse todos os aspectos relacionados coa aplicación das distintas normas obrigatorias que establecen os requisitos administrativos, técnicos e os trámites que teñen que cumprir os tractores, remolques ou equipos intercambiables remolcados xa sexa no momento da compra no rexistro ou cando circulan por vías públicas.

As solicitudes de asistencia para estas xornadas poderanse realizar de forma presencial, a través do correo electrónico ou chamando ao teléfono do centro, ata o día anterior á data de inicio.

CFEA PEDRO MURIAS

El Pinar s/n (Vilaframil) – RIBADEO

teléfono: 982 82 85 52

email: cfearibadeo@xunta.gal