sábado, 27 de abril de 2024

1º Jornada de Maquinaria Agrícola - Prevencion - Seguridad - Mantenimiento

Organizadas polo Centro de Formación e Experimentación Agroforestal (CFEA) Pedro Murias da Xunta de Galicia, en colaboración con Cooperativas Lácteas Unidas S.C.G. (CLUN) e nas que participarán destacados profesionais do sector e especialistas das casas comerciais como Jonh Deer, Deutz, New Holland e Fendt, así como representantes das Inspección Técnica de Vehículos (ITV), do Subsector de Tráfico da Guardía Civil de Lugo e do Rexistro de Maquinaria Agrícola (ROMA).

As xornadas inclúense no PLAN DE TRANSFERENCIA PARA O APOIO ÁS ACTIVIDADES DE DEMOSTRACIÓN E DE INFORMACIÓN AO AGRO GALEGO 2017 organizadas pola Xunta DE GALICIA, e estrutúranse en catro bloques, o terceiro dos cales é:

3. TRACTOR SEGURO: OBXECTIVO ACCIDENTES CERO: a xornada pretende contribuír á redución do número de accidentes mortais e graves que se producen durante a realización das tarefas agrícolas. Para iso trataranse cuestións de Prevención de Riscos relacionadas co uso da maquinaria agroforestal incidindo especialmente na parte práctica e de manexo.

As solicitudes de asistencia para estas xornadas poderanse realizar de forma presencial, a través do correo electrónico ou chamando ao teléfono do centro, ata o día anterior á data de inicio.

CFEA PEDRO MURIAS

El Pinar s/n (Vilaframil) – RIBADEO

teléfono: 982 82 85 52

email: cfearibadeo@xunta.gal