viernes, 29 de marzo de 2024

Magreco 2019 (Boimorto - A Coruña)

Sábado 30 de marzo de 2019.

11:00 h. Apertura da feira

12:00 h. Acto de apertura da feira a cargo da Alcaldesa, Maria Jesus Novo, contaremos coa presenza do Conselleiro de Medio Rural, José González Vázquez e do Delegado Territorial da Xunta na Coruña, Ovido Rodeiro.

18:00 h. Demostración de pelado a cargo de profesionais de Africor Coruña (Na carpa da Poxa)

20:00 h. Peche da feira de maquinaria

20:00 h. Actuación musical no polideportivo: Leirabuxo

Durante toda a xornada:

Simuladores de conducción de tractores e maquinaria forestal.

Concurso de habilidade con minipala

Degustación de filloas

Exposición de razas autóctonas

Obradoiro de elaboración de pezas en barro. (No polideportivo)

Obradoiro de demostración de oficios (No polideportivo)

Domingo 31 de marzo de 2019.

11:00 h. Apertura da feira

12:00 h. Poxa de Gando Rubia Galega e Frisón. Contaremos coa presenza da Xefa Territorial de Medio Rural.

18:00 h. Peche da feira de maquinaria

18:00 h. Actuación musical no polideportivo: Santiaguiños de Boimorto

Durante toda a xornada:

Simuladores de conducción de tractores e maquinaria forestal.

Concurso de habilidade con minipala

Exposición de razas autóctonas

Obradoiro de demostración de oficios (No polideportivo)

Demostración de pelado:

AFricor coruña faranos unha demostración de pelado coa xata que sortearemos, explicandonos que se busca co pelado, que factores podemos potenciar ou ocultar cun bo preparado do animal

Música

Contaremos con duas actuacións no polideportivo

A agrupación folclórica Santiaguiños de Boimorto, musica  e baile tradicional galega interpretado por nenos/as e mozos/as de Boimorto. A asociación conta con mais de 25 anos de traxectoria interpretando e recuperando musica e bailes tradicionais da nosa comarca e de toda Galicia.

O grupo Leirabuxo ten unha traxectoria mais curta pero esta composto por musicos que contan cunha dilatada experiencia no mundo da musica e conta xa con 2 CD’s no mercado. Os 6 compoñentes do grupo asi como outras incorporacións sorpresa farán as delicias dos veciños e visitantes cunha actuación que nunca deixa indeferente a ninguen.

Simuladores

Contaremos con dous simuladores de conducción basados na aplicación Farming Simulator: Poderemos disfrutar da experiencia de conducir un tractor/ maquina forestal como se fose na vida real: teremos todo tipo de apeiros e colleitas para facer a  recolleita e plantar. 

Concurso de habilidad

Unha miniexcavadora, unha zona delimitada, un circuito e un tempo a batir. Tenta ser o mellor e levaraste un premio. A oportunidade de demostrar a tua habilidade como maquinista. Duas categorias: Profesionais e amateurs.

Poxas

Acadamos a 6ª edición da poxa de gando frisón e rubia galega de magreco. Como sempre contaremos con animais de gran beleza e cunha calificación xenetica excepcional. Os animais estaráne expostos toda a fin de semana e poxaranse as 12:00 do Domingo.

Como colofon á poxa sortearase unha xata frisona entre aquelas persoas que depositen a sua rifa na furna que teremos para tal fin ao caron da exposición de animais.

Degustación de filloas

Durante a primeira xornada da feira desgutaremos as famosas filloas de lestedo durante toda a xornada e de xeito totalmente gratuíto.

Exposición de razas autóctonas

Contaremos neste edición de magreco cunha representación de animais de varias das razas autóctonas de Galicia: Cachena, cabra galega, porco celta,...

Espazo do polideportivo

Nesta edición de magreco faremos unha mellora nas instalacións e deseño do espazo adicado a alimentación e produtos de artesanía: novo deseño e funcionalidade.

Engadiremos un espazo para as actividades dos nenos que compartiran coa musica para pechar a feira: unha zona ao cuberto con inchables, circuito de conducción de tractores e demais actividades,...

Os obradoiros levaranse a cabo nos stands colaboradores e serán gratuítos